
Suministros formúlase como un grupo de traballo ao redor diso que Marcel, o narrador do tempo perdido de Proust chama “segundo traxe máis externo”. O obxectivo estriba en compoñer a biografía dun dos actores non humanos que interveñan no festival Escenas do Cambio 2017. Para iso centraremos a nosa atención nas subministracións básicas (auga e luz) que fan posible o evento. Entre todos os integrantes do grupo acordaremos en que subministro fixaremos a atención e iniciaremos o estudo. O estudo-biográfico combinará formas de rastreo e notación coa fin de emprender unha descrición exhaustiva da actuación do axente seleccionado que, pola súa natureza, participa en todas as coreografías. Suministros é pois unha tentativa de estrañamento entre figura e fondo. Marcel (ao igual que nós), confundido e marabillado pola súa primeira experiencia no teatro, fai unha descrición transversal do fenómeno, fixando a súa atención en elementos considerados pasivos e sinalando así as súas capacidades. Nós tamén trataremos de conformar unha posible biografía daquel actor que non danza, aquel actor que non aparenta… unha biografía do que permanece nun segundo nivel pero en permanente acción, como aquel vello cacharro de auga quente oculto sobre as táboas do escenario.
Vicente Vázquez e Usue Arrieta
Vicente Vázquez e Usue Arrieta sérvense do contexto artístico e cinematográfico para publicar a súa actividade, que definen como un proxecto a longo prazo cuxa forma visible consideran transicional e transitiva. Entenden a súa práctica como un xeito de investigar e experimentar as posibilidades do colectivo. A súa obra, xa sexa en secuencias fílmicas, textos, presentacións de diapositivas ou outros dispositivos espazo-temporais, tenta reformular o social. Os seus proxectos recentes, fortemente ligados ao territorio, lidan coa noción de coreografía.
Estrea
Estrea absoluta no Festival Escenas do Cambio 2017.