
Tempo e Espaço: Os Solos da Marrabenta explora unha crise de identidade. Deconstrúe representacións culturais dun corpo “puro” africano, en particular, o corpo de Mozambique. Desde a independencia de Portugal en 1975, Mozambique foi unha terra de fendas sociais e políticas que vén dun modelo comunista inflexible a gradualmente abrir o camiño cara a unha democracia feble. A performance traballa sobre a idea do corpo africano de hoxe: un corpo que absorbeu os ideais de nacionalismo, modernidade, socialismo e liberdade de expresión. A obra está acompañada polo guitarrista Jorge Domingos, que investiga sobre a música marrabenta, unha forma musical nada na década de 1950 a partir dunha mestura de influenzas locais e europeas, especialmente a guitarra portuguesa. Presentado durante máis de sete anos en países de todo o mundo, Tempo e Espaço: Os Solos da Marrabenta é un dos traballos decisivos da nova danza africana.
Panaibra Gabriel Canda
Panaibra Gabriel Canda naceu en Maputo, capital de Mozambique, onde vive. Comezou a bailar en 1993 como bailarín de danzas tradicionais africanas. Realizou parte da súa formación en danza contemporánea en obradoiros en Lisboa (organizados polos proxectos Danças nas Cidades), onde traballou con artistas como Vera Mantero, Frans Poelstra e Meg Stuart. En 1998 fundou CulturArte, organización que promove o desenvolvemento de proxectos artísticos, obradoiros e adestramento para coreógrafos africanos.
Ficha artística
Coreografia e interpretación: Panaibra Gabriel Canda | Música e interpretación: Jorge Domingos | Textos: Panaibra Gabriel Canda | Deseño de luz: Myers Godwin | Operadora de luz: Aude Dierkens | Figuración: Mama África e Lucia Pinto | Apoio administrativo: Jeremias Canda e Panaibra Gabriel Canda | Aderezos: ideas levadas a cabo co apoio de Gonçalo Mabunda | Músicas: estruturada e inspirada pola marrabenta, música de Mozambique, levada a cabo a partir da análise de compositores importantes do estilo musical: Fany Mpfumo Trio, Fany Mpfumo, Gatika, Ablio Mandlaze, Xidiminguana, Feliciano “Pachu” Gomes. E a música portuguesa “Povo que lavas no Rio”, de J. Campos, interpretada por Amália Rodrigues | Produción: CulturArte (Maputo) | Coprodución: Sylt Quelle Cultural awards 2009 – Goethe Institut Joanesburgo | Apoio de: Kunsten Festival des Arts, Bates Festival, Festival Panorama, VSArtsNM | Agradecementos especiais: Jesse Manno, Dan Minzer, Leah Wilks, Cynthia Oliver, Elsa Mulungo, Timotio Canda e Jorge Canda.