
Yo en el futuro na súa versión orixinal estreouse en Bruxelas no 2009. Despois fíxoo en Bos Aires e, a partir de alí, durante os dous anos seguintes, presentouse en diferentes festivais e teatros do mundo. A obra recupera unha vella tradición dos cines arxentinos nos anos 50, cando algúns números teatrais precedían á proxección dunha película. Os protagonistas da obra, nenos naquela época, quedaron impresionados e influenciados polos números en vivo que alí presenciaron. Estes nenos filmaron unha serie de películas caseiras experimentais para ver no futuro. Aos seus 70 anos, reviven aquelas antigas impresións e tentan que un grupo de nenos e mozos de agora repitan os seus vídeos de infancia e mocidade. Yo en el futuro propón unha reflexión sobre o tempo e a linguaxe artística. Nun constante xogo de espellos xeracionais, o pasado repercute no presente e ese mesmo presente reinventa e tenta modificar ese pasado. Nese entrecruzamento entre ficción e realidade, desprégase a vocación de rexistrar, e a obsesión pola revisión e a recreación de aquel pasado.
A nova versión de Yo en el futuro propón revisitar a obra orixinal e continuar co xogo de olladas e tempos que a mesma desplega. Nesta nova versión, estreada en Madrid en 2012, proxectouse o vídeo da estrea da obra orixinal sucedido tres anos atrás. Esta acción é, a súa vez, rexistrada para ser vista no futuro. Deste xeito, esta nova filmación formará unha continuidade que irá contendo ás anteriores representacións e, a súa vez, ás futuras. Cada estrea de cada novo lugar, entrará nunha cadea de pasados na que se mostran en simultáneo, todos os tempos: veremos entrar á sala ao público de Bruxelas, ao mesmo tempo que veremos entrar ao público de Madrid e ao mesmo tempo que veremos entrar ao novo público; e cada novo público observará ao anterior, sabendo que vai ser observado polo seguinte, e que a súa vez, será observado polo posterior. Dese modo, os espectadores tamén forman parte da obra entrando tamén nese xogo de perspectivas, nun xogo no que o cine, o teatro e os espectadores se interpelan entre sí.
Federico León
Federico León (Bos Aires, 1975). En teatro escribiu e dirixiu Cachetazo de campo, Museo Miguel Ángel Boezzio, Mil quinientos metros sobre el nivel de Jack, El adolescente, Yo en el Futuro, Las Multitudes e Las ideas. Escribiu, dirixiu e actuou na súa primeira película, Todo juntos. En 2007 escribiu e dirixiu, xunto a Marcos Martínez, a súa segunda película: Estrellas. En 2009, xunto a Martín Rejtman, escribiu e dirixiu Entrenamiento elemental para actores. En 2014 realizou La última película, unha serie de intervencións en ex cines transformados en estacionamentos de coches.
Ficha artística
Unha creación de: Federico León & Marianela Portillo, Julián Tello, Jimena Anganuzzi Esteban Lamothe | Actriz en escena: Elizabeth Bagnes | Actores en vídeo: Jimena Anganuzzi, Oscar Grilli, Esteban Lamothe, Isabella Longhitano, Dina Minster, Marianela Portillo, Belén Pulvirenti, Federico Rosenzvaig | Casting: María Laura Berch | Son: Catriel Vildosola | Montaxe: Martín Mainoli – Catalina Rincón| Maquillaxe e perruquería: Néstor Burgos | Vestiario: Valentina Bari | Escenografía: Ariel Vaccaro | Arte: Mariela Rípodas | Música: Carmen Baliero e Yo en el Futuro | Técnica xeral e colaboración artística: Julián Tello | Posprodución e técnico de vídeo: Alejandro Soler | Cámara e fotografía: Guillermo Nieto | Deseño de luces: Alejandro Le Roux – Guillermo Nieto | Dirección: Federico León | Yo en el futuro é unha produción de: Complejo Teatral, Buenos Aires, en co-produción con Kunstenfestivaldesarts (Bruxelas), HAU Theater (Berlín), Festival delle Colline Torinesi (Torino) e Steirischer Herbst Festival (Graz).
Estrea
2009, Kunstenfestivaldesarts (Bruxelas)