Laboratorios

Laboratorios
Escenas do cambio 2017


Suministros

Usue Arrieta e Vicente Vázquez

Do 31 de xaneiro ao 10 de febreiro | Museo Centro Gaiás

"Claro que mentres que non oín á Berma gocei. Gocei na praciña que precedía ao teatro, cos seus castiñeiros sen follas, que dúas horas despois relucirían con metálico reflexo en canto as luces de gas iluminaran os detalles do seu ramaxe; gocei ao pasar por delante dos empregados que recollen os billetes, eses cuxo nomeamento, ascenso e fortuna dependían da gran artista -que era a única que mandaba naquela administración pola que pasaban obscuramente directores e directores puramente efémeros e nominais-, e que recibiron as nosas entradas sen ollarnos porque estaban moi preocupados pensando en se terían sido ben dadas ao persoal novo as ordes da señora Berma; en se a claque comprendera ben que nunca tiña que aplaudila a ela; en que as fiestras debían estar abertas mentres ela non estivera en escena e logo pechadas todas; en se porían ben o cacharro de auga quente disimulado xunto a ela para que non se alzara polvo das tablas; porque, en efecto, un momento máis tarde pararía diante do teatro o seu coche de dous cabalos con longas crins, e del ía baixar a artista, envolta en peles, contestando aos saúdos con huraño xesto; e mandaría a unha das súas doncelas que fóra a enterarse de cal era o proscenio reservado para os seus amigos, da temperatura da sala e do porte das acomodadoras, pois público e teatro non eran para ela máis que como un segundo traxe máis externo, no que ía meterse, e un medio mellor ou peor condutor que o seu talento tiña que atraversar".

En busca do tempo perdido, libro II Marcel Proust.

Suministros formúlase como un grupo de traballo ao redor diso que Marcel, o narrador do tempo perdido de Proust chama “segundo traxe máis externo”. O obxectivo estriba en compoñer a biografía dun dos actores non humanos que interveñan no festival Escenas do Cambio 2017. Para iso centraremos a nosa atención nas subministracións básicas (auga e luz) que fan posible o evento. Entre todos os integrantes do grupo acordaremos en que subministro fixaremos a atención e iniciaremos o estudo. O estudo-biográfico combinará formas de rastreo e notación coa fin de emprender unha descrición exhaustiva da actuación do axente seleccionado que, pola súa natureza, participa en todas as coreografías. Suministros é pois unha tentativa de estrañamento entre figura e fondo. Marcel (ao igual que nós), confundido e marabillado pola súa primeira experiencia no teatro, fai unha descrición transversal do fenómeno, fixando a súa atención en elementos considerados pasivos e sinalando así as súas capacidades. Nós tamén trataremos de conformar unha posible biografía daquel actor que non danza, aquel actor que non aparenta... unha biografía do que permanece nun segundo nivel pero en permanente acción, como aquel vello cacharro de auga quente oculto sobre as táboas do escenario. Coincidindo coa presenza de Arrieta e Vázquez en Escenas do Cambio, o cinema Numax proxecta tres dos seus filmes o luns 13 de febreiro ás 19:20 horas.

Inicio-Estalla

Idioia Zabaleta

Do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro | De 10.30 a 14.30 | Museo Centro Gaiás

Este laboratorio está dirixido a creadores e creadoras interesadas en compartir as fases iniciais dun proceso de creación. Traballaremos de forma colectiva nunha serie de ferramentas que nos axudarán a traducir as inquedanzas que mobilizan o desexo de comezar a traballar sobre algo en xestos xerminais,xgestos de inicio. Paralelamente, adestraremos modos de lectura sobre o que eses xestos están propoñendo, máis aló ou máis aquí, do desexo de inquedanza que os orixinou. Da especulación á acción. Da enunciación á activación do xesto. Do xesto á lectura. Da lectura á re-enunciación. Da re-enunciación ao estalido de posibilidades. Do estalido á renuncia. Do xesto renuncia á reanudación do xesto. PECHADO O PRAZO DE SOLICITUDES

Taller de experimentación con objetos personales

Federico León

3 febreiro – 6 febreiro | Museo Centro Gaiás

Baixo a forma dun proceso que conxugará a actuación, a escrita e a dirección, indagarase sobre as posibilidades de construír ficción servíndose de elementos da realidade. Isto levarase a cabo a partir de historias e obxectos persoais dos participantes: cartas, fotos familiares, roupa, diplomas, diarios íntimos, trofeos, debuxos, etc. Materiais reais postos en funcionamento para explorar nas diferentes ficcións que cada un pode construír coa súa propia vida. O obxecto a estudar é a persoa e a súa historia. O que o estuda e o exhibe, a mesma persoa. Nunha segunda instancia, cada participante realizará un proceso de depuración que consistirá en seleccionar, ordenar, reordenar, clasificar, para logo amosar, explicar, sinalar. O obxectivo radicará en atopar series, agrupacións de obxectos baixo lóxicas diversas. Por exemplo: alguén elixe contar a súa vida a partir da exhibición e narración das súas cicatrices; outro expón, como nunha feira ambulante, todos os obxectos que roubou na súa vida; na acción de ler as cartas que o seu pai lle escribiu a súa nai durante o servizo militar, unha filla atopa a mellor maneira para narrarse. Manipulación da propia historia. Que se mostra? Como se mostra? En que orde? O que non se mostra. Cal é a forma escénica específica que atopa cada un para expoñerse? O pasado como peza de museo. A persoa como museo en si mesma. O teatro como museo dunha vida. PECHADO O PRAZO DE SOLICITUDES  

Porque yo soy tú porque tú eres yo porque somos otros

Obradoiro práctico embruxado por Las Invictas

Do 6 ao 10 de febreiro | Museo Centro Gaiás

Este taller será un taller máis práctico que teórico. É máis, será a partir das nosas experiencias durante esta semana que será escrito o texto poético-manifesto que realmente presente este taller. É dicir, après coup. Après coup, literalmente quere dicir, despois do golpe. Comezaremos por compartir convosco as nosas ferramentas e proceso de traballo. Ambas as dúas partimos nos nosos "relatos" do eu. Un eu que, como ben Rimbaud o evoca nas súas “Lettres du voyant” (Cartas do vidente) é outro. Compartiremos tamén lecturas, películas, músicas, xestos, posicións… que acompañen e nutran o noso “pasar ao acto”: a composición, publicación, manifestación dunha múltiple voz a partir dos nosos relatos, emocións, silencios e berros. Voz que non só é palabra, todo xesto é palabra, é posición – desde onde un fala? E como?, para, con quen? Para convocar/activar a manifestación desta múltiple voz a partir de cada unha das nosas voces, mergullarémonos en nós mesmos ata acadar ese sexto sentido que non se ve, non se ule, non se toca, non se sente. Pasaremos da acción á inacción. Da inmobilidade ao pequeno xesto. Practicaremos o “desapego emocionado” e as artes marciais, ao noso xeito, a partir do noso “non saber facer” e facelo ben, como un momento de silencio nunha orquestra ou un instante de calma nun vendaval. PECHADO O PRAZO DE SOLICITUDES