Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago

Encontro de Esther Ferrer co alumnado da USC

ESPAÑA/FRANCIA | 60 MINUTOS

8 febreiro| 12 horas

SALÓN DE ACTOS | ENTRADA DE BALDE

Os alumnos e alumnas da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) teñen a oportunidade de coñecer de primeira man e a través da propia artista como é o traballo creativo de Esther Ferrer (Donosti, 1937), Premio Nacional e Premio Vélazquez das Artes, pioneira das ‘performances’ e todo un referente da arte de vangarda.

Coñecida polas súas propostas arricadas e éticas, que non só sorprenden senón que fan pensar sempre ao/á espectadora, Esther Ferrer procura con este encontro dar a coñecer como é o seu proceso de traballo creativo, á vez que matar o becho da curiosidade que as xeracións máis novas poidan ter do mesmo. Trátase, en definitiva, de establecer un diálogo e conversa aberta e fluída, que dea lugar a preguntas e o intercambio enriquecedor entre a artista e os/as estudantes.

BIOGRAFÍA

Esther Ferrer empeza a participar nas actividades do grupo Zaj, facendo, desde entón, da arte de acción o seu principal medio de expresión. A partir de 1970, retoma a realización de obras plásticas a través de fotografías intervidas, instalacións, cadros e debuxos, baseados na serie de números primos, obxectos ou pezas sonoras.

O seu traballo con Zaj continúa con accións moi directas ata 1996, ano en que se disolve o grupo tras unha exposición retrospectiva no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. En 1999 representa a España na Bienal de Venecia e é Premio Nacional de Artes Plásticas e Premio Velázquez das Artes.