Alejandra Pombo

Spanberguianismo

GALICIA | 30 MINUTOS

8 febreiro | 18 horas

CAFETERÍA. MUSEO CENTRO GAIÁS

Este libro foi, en orixe, un blog escrito durante o verán de 2010 polo artista e coreógrafo Märte Spänberg, que mantivo a unha comunidade de artistas relacionados coa danza e as performanceatentos cada mañá ao seguinte post. Semellante a unha serie de HBO feita na casa, onde o mundo da danza, as posicións colectivas e individuais dos artistas (os modos de produción, as economías e o pensamento que hai detrás das decisións de todos os axentes) contábanse nunha especie de escritura inmediata que poñía todo do revés.

O libro foi traducido polas artistas María Jerez e Alejandra Pombo (Santiago de Compostela, 1979) do orixinal en inglés. Tomando como punto de partida que o acto de traducir é un acto de co-autoría, María Jerez e Alejandra Pombo toman a posición de deixarse posuír polo texto: unha dobraxe encarnada, onde se deixan transformar pola voz do texto orixinal transformándoa ao mesmo tempo, atopando así unha cuarta voz, cun timbre específico, que xorde da experiencia mesma da tradución.

A tradución deste libro foi posible grazas á colaboración coa Biblioteca da Facultad de Bellas Artes da UCM e o Máster en Prácticas Escénicas e Cultura Visual da UCLM.

ENTRADA LIBRE E DE BALDE