MUSEUM CENTRO GAIÁS Cidade da Cultura de Galicia. Monte Gaiás s/n Principal escenario de 'Escenas do cambio' desde a súa primeira edición. A súa beleza e flexibilidade converten a este edificio da Cidade da Cultura de Galicia no espazo perfecto para acoller exposicións de gran dimensión, eventos culturais e espectáculos de artes escénicas. Andar -1: Sala 1 e Sala 2.
LIBRARY AND ARCHIVE OF GALICIA Cidade da Cultura de Galicia. Monte Gaiás s/n Cabeceira do sistema de bibliotecas galegas e do patrimonio documental da nosa comunidade, a Biblioteca e Arquivo de Galicia reúne, conserva e difunde todo o patrimonio bibliográfico e documental de Galicia e facilita o seu acceso, xa sexa de forma presencial ou virtual. Peza chave para as actividades culturais relacionadas co libro, a lectura e as bibliotecas, a difusión da cultura galega é un dos grandes obxectivos desta institución. O seu auditorio será obxecto de ocupación artística neste 'Escenas do cambio' 2020.
SALÓN TEATRO Rúa Nova, 34 Con capacidade para 434 espectadores, o Teatro Principal atópase na zona monumental compostelá e ofrece unha variada programación xestionada directamente polo Concello de Santiago, que é o seu propietario. O edificio foi construído en 1842 a partir do deseño do arquitecto Manuel de Prado y Vallo. Con todo, no ano 1988 levou a cabo unha importante reforma dirixida polos arquitectos Rafael Baltar, José A. Bartolomeu, Carlos Almuiña e Gerardo Salvador.
TEATRO PRINCIPAL Rúa Nova, 21 Situado na zona histórica de Santiago de Compostela, o Salón Teatro foi inaugurado de novo en 1999 tras unha intervención arquitectónica que permitiu recuperar para a escena este espazo do ano 1920, despois de dúas décadas sen representacións. Xestionado na actualidade pola Consellería de Cultura e Turismo, a través de Agadic, o teatro acolle a exhibición en Compostela de todas as producións do Centro Dramático Galego — que ten aquí a súa sede —, ademais dunha programación aberta ás distintas disciplinas escénicas, á música e ao cinema. A súa capacidade é de 272 butacas.
FACULTADE DE DEREITO. USC Campus Vida A orixe dos estudios de Dereito na USC data do ano 1649, pero non é ata 1978 cando comezan a impartirse no edificio actual, situado no Campus Vida. A Facultade de Dereito ten 75 membros do persoal docente e investigador e 7 membros do persoal de administración e servizos. Conta con 30 aulas que acollen a mais de 1.000 estudantes e a Facultade de Dereito é un dos centros con maior demandada do Sistema Universitario Galego. Na Facultade impártense dous Graos e e 3 Másteres.