
“¡Yo bailo porque vosotros existís!”. Así comeza o espectáculo Camelamos naquerar, que estreou o gran bailaor e coreógrafo
Mario Maya en 1976.
Camelamos naquerar significa queremos falar en caló. Entón, podía unha bailaora ter voz propia ademais de pés, cadeiras ou brazos? Podía contar, escribir, ler, mostrar e mesmo bailar o material que atravesa este espectáculo? Fragmentos e pegadas diversas deste mítico espectáculo son postos en escena, filtrados polo corpo e a experiencia da bailaora. Que forma tería hoxe esa seguiriya? Cal é o rol da muller no espectáculo? Esas son algunhas das cuestións que se pretenden naquerar, falar e bailar.
ENTRADA