Trátase dunha peza resultante dunha micro- residencia de catro días na Cidade da Cultura  de Diego Anido e co seu equipo de dirección, produción e movemento.

Durante esta estadía, procorase desenvolver un proceso de investigación coreográfica, co obxecto do que se amose en Escenas do cambio sexa un resultado nun estado moi avanzando no que a dramaturxia textual e visual se refire.

Nesta ocasión, Diego Anido déixase levar polas derivas que o seu propio traballo tomara nos seus espectáculo anteriores e entrégase as demandas deste relato autobiográfico de carácter fantástico, engadindo á súa vida partes doutras vidas alleas, a modo de prótese, coma se estivese a reeditar a súa figura na terra. É habitual nos seus traballos reivindicar o papel de performer no formato americano da palabra: actor que sabe falar, cantar, bailar e calar. É por iso que neste espectáculo Diego Anido tamén fala, canta, baila e cala. Sexa como sexa e custe o que custe, o ridículo, o insignificante, o extra radial, o patético e o mediocre, chegará algún día para ser excelente.

Diego Anido

En 2002 inicia a súa formación en artes escénicas en Espazo Aberto en Santiago de Compostela. En 2004 trasladase a Barcelona onde continua a súa formación con Sandro Dieli, Good Idea Co., Eric de Bont, Wendl Wels, Johnie Melville, Jordi Cortés, Andrés Corchero, Rosa Muñoz, Ariel Procajlo, Hisako Orikawa, Oguri, Marta González (Método Wilfart), Esther Formosa…

En 2005 entra a formar parte da plataforma de creación escénica AreaTANGENT onde coincide con Jordi Oriol, Silvia Delagneau, Alex Serrano, Victor Molina, Pablo Rosal, Ferran Dordal, Xavi Bobés, Iker Gómez, Jordi Casanovas, entre outros. En 2006, xunto a Alex Serrano, inicia Agrupación Sr. Serrano, xira por escenarios de todo o mundo e reciben numerosos galardóns entre os que destaca o Leon de Plata da Bienal de Venecia 2015.
Traballa tamén coa compañía Raravis-Andres Corchero-Rosa Muñoz (Premio Nacional de danza 2003) como performes/bailarín, creador e axudante de dirección. De regreso a Galicia en 2014 colabora coa compañía Voadora como creador e intérprete en diferentes producións. Colabora ademais con compañías como Lola Arias e Pista Catro entre outras. Paralelamente, entre 2004 e a actualidade, produce ininterrompidamente obra de autoría propia sendo esta a liña mais importante na que se sustenta a súa traxectoria como intérprete e creador.

ENTRADAS

Ficha técnica

Duración: 45’
Teatro Contemporáneo
Traballo en proceso creado en residencia no Festival Escenas do cambio 2021
Encontro co artista ao remate

FICHA TÉCNICA
Dirección, Dramaturxia, textos e interpretación: Diego Anido
Asistencia en dirección: Borja Fernández
Vestiario: Uxía P. Vaello
Asesoramento en coreografía: Guillermo Weickert
Luz: Raquel Hernández e Pedro Fresneda
Música: José Díaz e Diego Anido
O deus do pop X20Mai, 20:30H Cidade da Cultura. Museo Centro Gaiás Sala 1