Unha liña horizontal proxectada na pantalla treme. De súpeto, a liña multiplícase drasticamente coma se descargase a súa enerxía inmanente. Do mesmo xeito, cando Umeda treme no escenario, a enerxía oculta retida no seu corpo transmítese desde a pelvis á columna vertebral, aos brazos, e finalmente á pantalla, na que a enerxía se visualiza mediante liñas curvas que lembran unha coroa solar.

Cando as fervenzas e os ríos se ven de lonxe, parecen manter formas estáticas; con todo, cando un fai zoom sobre os mesmos obxectos a nivel microscópico obsérvase que están formados por movementos incesantes tales como ondas, vórtices e contracorrentes.

Baseado neste concepto creativo, en Intensional Particle, Umeda reinterpreta as partículas no espazo como moléculas non estáticas, senón como ‘partículas activas (ou puntos de masa)’; e, visualiza, no espazo, a «forza intensional» que as partículas ocultan. As formas transitorias das partículas dixitais que formulan imaxes de sólidos disolvéndose, sublimación de líquidos e algoritmos de transferencia de temperatura e calor, sincronízanse e sintetizan cos movementos de Hiroaki, producindo un universo enteiro que baila como un organismo vivo.

O residuo de calor que ferve a lume lento despois da experiencia dunha sobrecarga de información como esta permanecerá moito tempo nos corpos do público.

Hiroaki Umeda

Nado en Toquio en 1977 é un artista multidisciplinar que traballa a coreografía e a creación sonora e visual. O seu traballo é á vez minimalista, radical, sutil e violento e está creado para ser “experimentado” de forma directa, encarnando a fusió n perfecta entre o movemento e as novas tecnoloxías. Durante máis dunha década Umeda, desde a súa compañía S20, explorou as interseccións entre corpo e mente, os sentidos e o espazo-tempo nos seus coreografías e instalacións.

ENTRADAS

 

Ficha técnica

Duración: 30’
Danza
Emisión en streaming da peza desde Toquio + Vídeoconferencia en tempo real desde Toquio (En inglés con tradución simultánea)

FICHA TÉCNICA:
Coreógrafo e bailarín: Hiroaki Umeda
Dirección de imaxe: S20
Procura de imaxe: Ludovic Burczykowski
Programación: Shoya Dozono
Edición de vídeo: Guillaume Gravier
Deseño de son e luces: S20
Produción: S20
Coprodución: Le Manège – Scène Nationale, le manège. mons, la Gare Numérique – Jeumont, la Maison des Arts de Créteil, Stereolux – Nantes ( FR), Mapping Festival -Xenebra ( CH)

Estrea

En Espana
Intensional Particle X20Mai, 19H Cidade da Cultura. CINC Auditorio 1