Esta peza naceu da idea de remontar as partituras que Serguei Prokofiev creou para ballet. A primeira será Romeo e Julieta, que establece unha relación co autor William Shakespeare, en símbolos e formas, moitas veces asociados só a unha estética, a un tipo de bailarín e a unha forma de bailar.
Esta narrativa impulsa a revisar contextos recorrentemente distantes, mirando con outra perspectiva a historia da danza en confrontación co mundo contemporáneo, a sociedade e todas as súas iconas e valores. No ámbito estético, revisítanse novos lugares na obra, ao relacionar toda a abordaxe clásica, co corpo investido, que non soporta a verticalidade, como se veu traballando.
William Shakespeare, unha figura ‘inaxeitada’, que aínda hoxe leva a imaxe do misterio (nunca saberemos realmente quen era nin como vivía), como o artista Bansky nos nosos días. Do seu traballo fixéronse películas, música, ballets, libros. O seu legado é un himno aos máxicos lugares da incomprensión. Lugares capaces de cuestionar o noso lugar como persoas, lugares espirituais, ideais para a creación. A estrea desa obra en 1938 (Romeo e Julieta) xerou polémica pública, xa que non aceptaron a reinterpretación da obra de William Shakespeare con final feliz.
MIGUEL MOREIRA
Chegado á danza procedente do teatro, Miguel Moreira construíu unha forma consensualmente singular de ser e estar na danza contemporánea, cedendo o escenario aos/ás bailarínsautores, para que expresen nel as súas propias “fisicalidades”, sendo capaces de facer das creacións en que participan, lugares únicos de experiencia. “O centro do noso traballo, independentemente de todos os elementos que compoñen unha obra, son os intérpretes”, defende.
ÚTERO – ASSOCIAÇÃO CULTURAL
Está dirixida por Miguel Moreira / María Fonseca / Romeu Runa / Shadowman
O que caracteriza a Útero, en primeiro lugar, é evidentemente a súa dirección artística. Xunto a isto, e á vez, xorde o proceso e a metodoloxía utilizada nas probas e investigacións do seu traballo.
O proceso en Útero é fundamental para o que define o seu traballo. Un proceso atento ás propostas de todo o equipo e, da mesma forma (regra básica de reciprocidade), esixindo o desenvolvido por ese mesmo equipo. Nun estilo de creación onde sempre se fai fincapé no que se fai a diario, non podería ser doutra maneira. Neste senso, o proceso non é desenvolvido por un elemento omnipresente e omnipotente, senón por todos aqueles que diariamente se involucran na creación. O proceso Útero é por tanto a elaboración dun sistema vivo que vai desde as definicións estruturais teóricas, filosóficas, estéticas, históricas ata a respiración do actor / bailarín ou as texturas dun traxe.