HH é unha fábula.
HH é un monstro ao que lle gusta mirar pola xanela cando o sol está a piques de se poñer. Un monstro ao que lle gustan os xardíns, porque os xardíns son cousas que crecen cando se coidan e se traballan.
HH é unha historia de amor.
HH é o fillo que apenas pode esperar saír pola porta e que non pensa volver ata que se cumpran todos os seus soños.
HH é o noso fillo. E aos fillos hai que saber cando lles tes que ensinar onde está a porta para que se poidan ir.
HH é teatro.
Pero tamén é outra cousa.
Voadora
Unha mirada irreverente e unha coidada posta en escena caracterizan o traballo de Voadora. Baixo a dirección de Marta Pazos, a compañía galega aposta pola investigación na creación contemporánea cun equipo formado por artistas complementarios de diferentes disciplinas cuxa hibridación resólvese, en cada peza, nun acto de profundo e sincero amor pola arte. A visión ética do traballo teatral, o coidado exquisito de cada elemento e unha fonda reflexión sobre a realidade desde as periferias caracterizan a Voadora, capaz de transformar a contorna do público para presentar montaxes únicas nas que a compañía, unha potente máquina de xerar experiencias e preguntas sen resposta, deixa sempre o seu sinal.