A exposición María Casares – Pedro Soler. Collioure 1989 coa que o festival Escenas do cambio rende homenaxe á actriz galega no ano que conmemora o centenario do seu nacemento mostra obxectos e pezas inéditas pertencentes ao recital que realizou María Casares na cidade francesa de Collioure en 1989, acompañada polo guitarrista de flamenco Pedro Soler.
A exposición inclúe documentos orixinais como programas de man, carteis, artigos en prensa e revistas da época, así como fotografías, manuscritos da propia actriz e o disco Amor Divino Amor Humano que María Casares gravou nos anos 60 con versos do Cantar de los Cantares e poemas de temática amorosa de autores españois como Quevedo, San Juan de la Cruz, Miguel Hernández ou Vicente Aleixandre, entre outros.
- Museo Centro Gaiás. Andar 0
- Entrada de balde
- De luns a domingo de 10 a 20 horas
Fotografía : Pedro Soler, María Casares Collioure – 1989. Album privado Pedro Soler. © Imaxe protexida por dereitos de autor e cedida exclusivamente para a promoción da exposición ‘María Casares – Pedro Soler. Collioure 1989’ no marco do festival ‘Escenas do cambio’. Prohibida a súa copia, reprodución e distribución sen o consentimento previo da organización do festival.