Gaiás, Cidade da Cultura
Escenas do cambio 2022

Festival de teatro,
danza e arte en acción

MU-Danza. Unha muller que camiña

Mercé de Rande

Venres 6 de maio 19.30h
Cidade da Cultura | Museo Centro Gaiás, Espazo REGA 3

A partir dunha reflexión sobre a propia acción de camiñar, dos procesos de creación artísticos e da representación de camiños e camiñantes desde a antropoloxía até a arte, a viguesa Mercé de Rande combina movemento e vídeo nunha peza que se constrúe de xeito específico para un espazo expositivo no Museo Centro Gaiás.

Mercé de Rande fai referencia no título a unha das esculturas máis famosas de A. Giacometti “L’Homme qui marche” (O home que camiña) para elaborar o seu propio relato sobre a experiencia de camiñar e como esta nos conecta coa memoria e o tempo, co espazo e tamén coa natureza.

Mercé de Rande

Artista interdisciplinar, o seu traballo sitúase entre as artes escénicas e as artes visuais, onde a performance ocupa un lugar privilexiado no seu discurso poético e no seu desenvolvemento artístico. Ten traballado como actriz, bailarina e coreógrafa para a plataforma francesa pioneira na investigación e aplicación de novas tecnoloxías en escena, didascalie.net, e realizado numerosas colaboracións, performances e exposicións (individuais e colectivas) en distintos lugares de Europa. Formouse en danza contemporánea, artes escénicas e investigación do movemento a cabalo entre Portugal, Francia, Suíza e Nova York. En 2008 fundou Á Mercé das CirKunsTanzias, plataforma para a investigación e a creación multidisciplinaria coa que dirixiu dúas producións en Galicia. En 2014 foi coreógrafa oficial do ano en residencia na Tanzhaus de Zurich, onde estreou a súa primeira produción internacional LP4am Sculpture DeVice e comezou o proceso da súa última creación, Lost & Dead in Thunderland.

Ficha técnica

Galicia | 45 min
Danza-performance

Concepto, dirección e interpretación: Mercé de Rande
Obra gráfica relativa a lugares concretos (fotos, vídeos e debuxos): Mercé de Rande
Vídeo-creación: Jesús Andrés Tejada
Co-creación de vídeo e espazo sonoro: Chucho González
Asistencia dramatúrxica: Afonso Becerra
Asesoría Belas Artes: Silvia González
Asistencia no desenvolvemento inicial do concepto: Rafa Xaneiro
Residencia ‘Facendo novos camiños’. Programa de Residencias Artísticas do Gaiás 2022

De balde previa retirada de convite

Estrea

Absoluta
MU-Danza. Unha muller que camiña Venres 6 de maio, 19.30h Cidade da Cultura | Museo Centro Gaiás Espazo REGA 3