¿Qué es el agua? —primeira obra da Tetralogía de los elementos– é un site specific en forma de homenaxe a ese misterio fascinante que representa a auga en todas e cada unha das súas variantes.
Igual que noutras ocasións, a Compañía La Soledad entrega unha proposta de land theater, un termo que toman prestado da arte. Marc Caellas e Esteban Feune de Colombi, fundadores do colectivo, comezaron as primeiras investigacións desta nova iniciativa no 2018 en La Habana, partindo da lectura do poema “La isla en peso” do cubano Virgilio Piñera.
Desde entón, acumularon viaxes, textos e rituais que xiran arredor da auga, dentro e fóra dela, principalmente en illas, na beira dos ríos ou en cidades marítimas. Tal é o caso de Fisterra, onde logo dunha residencia na localidade, xestada a raíz da súa participación en Escenas do cambio 2021, estrearán ¿Qué es el agua?. Un periplo que o público comezará na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, cando se monten no bus que os levará ao municipio onde se di que remata oficialmente o Camiño de Santiago.
[AVISO: A entrada inclúe o traslado en autobús de ida e volta desde a Cidade da Cultura ata Fisterra. Recoméndase ao público levar os seus propios auriculares para a audio-performance en autobús, aínda que a organización terá de reposto. O percorrido da obra non é axeitado para persoas con problemas de mobilidade ou carriños de bebé.]
Compañía La Soledad (Marc Caellas e Esteban Feune de Colombi)
Esteban Feune de Colombi naceu en Buenos Aires e viviu en París, Barcelona e Xenebra e traballa en distintas partes del mundo. É poeta, actor, fotógrafo, editor e performer.
Marc Caellas naceu en Barcelona e viviu en Londres, São Paulo, Miami, Caracas, Bogotá e Bos Aires. É un artista multidisciplinar cuxos proxectos se concretan en forma de libros, performances, obras de teatro ou proxectos culturais que hibridan literatura, música, teatro e arte contemporánea.
Marc & Esteban crearon en Bogotá, en 2011, a Compañía La Soledad, enfocada en propostas escénicas itinerantes, performances e site specific, cuxa peza emblemática é El paseo de Robert Walser, con máis de 150 funciones en trinta cidades de todo o mundo.
Ademais, realizaron as obras Cuento mi vida (Bogotá e Bos Aires, 2014), Come en casa Borges (Barcelona, 2016), Sin cartas no hay amor (Ciclo Anfitriona, Barcelona, 2017), Juego de cartas (México, 2018), Nobel a Borges (FILBA, Bos Aires, 2018), El inventor del paraíso (Mallorca, 2018), Bolaño, vuelve a casa (Barcelona, 2020) e Sin timón & en el delirio (Cidade de México, 2021).