Obra de teatro-ensaio que mestura o monólogo teatral coa maxia, onde o protagonista acompaña coa lectura dos seus diarios o seu discurso de reflexión e confesión: demostra como toda experiencia estética, incluíndo a experiencia máxica, ten a súa orixe na percepción de cada persoa e non na realidade que a rodea. Ofrece ao público un rito de xeración de convención e de verdade, onde o máxico se desprende do misticismo para contemplalo na súa realidade mundana. A obra vén acompañada cun pequeno libro, que funciona como entrada.
Miguel Ponce de León
Artistas galego multidisciplinar. Veneficio (de lo cotidiano y cómo remediarlo) é o primeiro proxecto da compañía de nova creación Teatro et al. que se consolidou arredor da peza. Con anterioridade, Miguel Ponce de León formou parte da compañía de teatro universitario da Universidade de Santiago de Compostela Lobishomes, dentro da cal exerceu labores diversas de dramaturxia, dirección e interpretación en obras como Quinuituq, O baúl cheo de xente, Insilio (Premio Xuventude Crea 2018) e O corno do derradeiro día. Ademais ten colaborado con festivais e colectivos de circo e cabaré en Portugal, Italia, Austria e Polonia e participou na organización e xestión do Festival San Pedro Sen Paredes (Santiago de Compostela, 2020) e nas dúas primeiras edicións do Festival Pataca Minuta en 2018 e 2019.