Gaiás, Cidade da Cultura
Escenas do cambio 2022

4–6 Maio 2023
FESTIVAL DE TEATRO, DANZA E ARTE EN ACCIÓN
Gaiás, Cidade da Cultura

Xunta de Galicia

4—6
MAIO
2023

FESTIVAL DE TEATRO, DANZA E ARTE EN ACCIÓN

GAIÁS, CIDADE DA CULTURA

Xunta de Galicia

Aquí mentres camiñamos

Gustavo Ciríaco e Andrea Sonnberger

Xoves 4 de maio 16.30h
Venres 5 e Sábado 6 de maio 12.30h e 16.30h
Santiago de Compostela, Itinerante polas rúas

Inspirados pola idea de obra como experiencia e pola longa tradición que une o camiñar coa produción de pensamento e lucidez, os artistas Gustavo Ciríaco (Brasil) e Andrea Sonnberger (Austria) levan o público nunha viaxe silenciosa pola cidade de Santiago de Compostela, investindo nunha outra política de compartir e percibir o espazo urbano. Envolto nunha gran cinta branca, o grupo prosegue a súa marcha, como unha especie de escultura vivente, onde exterior e interior mestúranse de continuo.

Nun itinerario de camiños e accións previamente establecidas que o público só descobre ao andar, Aquí mentres camiñamos revela outra cidade vivida, onde a audiencia recrea a figura do flâneur do século XIX, alguén que vaga polas rúas da cidade moderna en constante transformación, observando cada detalle, presenciando un incrible e sutil espectáculo xusto fronte aos seus ollos, onde o lugar está en continuo desprazamento.

IMPORTANTE:

  • A camiñada desenvolverase en silencio durante aproximadamente 60 minutos.
  • O punto de partida darase a coñecer só ao público participante en cada sesión.
  • O percorrido non é axeitado para persoas con problemas de mobilidade ou carriños de bebé.
  • Recoméndase levar calzado cómodo e unha botella de auga, evitando cargar con bolsas pesadas.

 

Gustavo Ciríaco

Gustavo Ciríaco é un coreógrafo e artista contextual cuxo traballo transita entre as artes performativas e as artes da imaxe, a arquitectura, a antropoloxía e o paisaxismo. Formado en Ciencias Políticas e danza na Escola Angel Vianna no Instituto de Filosofia e Ciências Sociais-UFRJ (Río de Xaneiro), constituíu con Frederico Paredes o dúo Ikswalsinats, pioneiro no uso do humor na danza contemporánea do Brasil. As obras de Ciríaco fan dialogar contexto e arquitectura, xeografía e vivenda, realidade e ficción, nunha pescuda continua desde hai 20 anos sobre os campos extensivos da arte de facer danzas. Temas como presente e presenza, representación da paisaxe, percepción, espazo urbano ou inmersión cognitiva son constantemente abordados no seu traballo. Conta cunha extensa traxectoria internacional, que o levou a participar en importantes festivais e institucións de América, Asia, Europa e Oriente Medio, como o Tanz im August e Haus der Kulturen der Welt (Berlín), Alkantara, Museo Berardo, Culturgest (Lisboa), Crossing the Line, New York University (Nova York), Al Mammal Foundation (Xerusalén), Tokyo Wonder Site (Tokio), San Art Gallery (Saigón), Ferme de Buisson, París Quartier d’*Été (París), SESC SP (São Paulo), Panorama (Río), Bienal SESC de Danza (Campinas), NAVE (Santiago de Chile), Bienal de Danza del Caribe (A Habana), Casa Encendida (Madrid), Metropolis (Copenhague), Museo Fundación Serralves (Porto), entre outros.

Andrea Sonnberger

Andrea Sonnberger naceu en Austria e formouse como bailarina en Viena e Múnic. Como intérprete actuou en Austria, Alemaña, Suíza, Rusia e Lituania. Desde 1996, desenvolve as súas propias coreografías e ideas, entre elas instalacións e colaboracións con outros artistas. En 1999 foi gañadora do concurso Prix du Festival Cour deas Capucins de Luxemburgo. En 2003 obtivo unha bolsa en Múnic, onde máis tarde pasou a formar parte do equipo e a xunta directiva de Tanztendenz Munich e.V., un centro de ensaio e para coreógrafos e bailaríns, onde traballou no deseño dos estudos coreográficos Piracy – Take over (2006) e krieger.innen; attack+defense (2008). En 2017, traballou para o festival Carnival of Fear en Schärding. En 2005/06 foi convidada, xunto co coreógrafo Gustavo Ciríaco, ao proxecto Close Encounters, dentro do festival Encounters en Lisboa, onde desenvolveron a performance ao aire libre Aquí mentres camiñamos. Xuntos desenvolveron máis tarde o proxecto Vizinhos, en Portugal, España e Israel. Actualmente vive en Austria,  onde traballa principalmente como profesional do shiatsu, ensina Tai Chi Dao Yin, planta herbas e dirixe un mercado local de bio agricultores.

Ficha técnica

Portugal | 60 min | 9 €

Concepción, creación e performance: Gustavo Ciríaco e Andrea Sonnberger
Apoio: Tanztendenz München e.V., Goethe Institut Rio de Janeiro
Subvención: European Cultural Foundation, Kulturreferat der Landeshauptstadt München, Bayerischer Landesverband für zeitgenössischen Tanz aus Mitteln des Bayerischen Staatsministeriums für Wissenschaft, Forschung und Kunst
Coprodución: Festivais Alkantara e Panorama
Agradecementos: Mark Deputter e Bojana Cveijic, Udo Quast, Isabel Ferreira, Nayse López e Eduardo Bonito.
Fotografías: Andrea Sonnberger, Chris Van Der Burgh, BLUE, José Luís Neves e Torben Huss

Estrea en Galicia