MUSEO CENTRO GAIÁS Cidade da Cultura de Galicia. Monte Gaiás s/n

Principal escenario de Escenas do cambio desde a súa primeira edición. A súa beleza e flexibilidade converten a este edificio da Cidade da Cultura de Galicia no espazo perfecto para acoller exposicións de gran dimensión, eventos culturais e espectáculos de artes escénicas.
Andar -1: Sala 1
Andar 0: Sala seminario
Espazos REGA

GALERÍA DE SERVIZOS DO GAIÁS Cidade da Cultura de Galicia. Monte Gaiás s/n

Galería de túneles que percorre os sotos do complexo e conecta entre si os diferentes edificios da Cidade da Cultura. Empregado de maneira principal para facilitar o acceso de materiais a cada espazo e tamén como escenario de espectáculos escénicos e musicais.

Edificio CINC EDIFICIO CINC Cidade da Cultura de Galicia. Monte Gaiás s/n

Sede da Fundación Cidade da Cultura e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, que aglutina os servizos tecnolóxicos da Administración galega. Ten varios auditorios para a celebración de eventos ou espectáculos, entre os que se atopa o Salón de Convencións.

SALÓN TEATRO Rúa Nova, 34 - Santiago de Compostela

Situado na zona histórica de Santiago de Compostela e xestionado na actualidade pola Consellería de Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través de Agadic, o Salón Teatro acolle a exhibición en Compostela de todas as producións do Centro Dramático Galego —que ten aquí a súa sede—, ademais dunha programación aberta ás distintas disciplinas escénicas, á música e ao cinema. A súa capacidade é de 272 butacas.